Rexistro de Buques Pesqueiros 2019



ANEXO III: Indicadores empregados no rexistro de buques pesqueiros


Este apéndice explica o valor das medidas ou indicadores empregados na composición dos datos nesta publicación.

As táboas presentan tres tipos de información:

Datos agregados

As táboas presentan unha estrutura de cabeceiras como a da figura 1:

Datos agregados Buques Distribución Arqueo Potencia
% Var % Var % GT % Var CV % Var
Buques

  • Representa o número de buques pesqueiros inscritos nun determinado segmento da frota.

  • % Var
    Indica a porcentaxe de variación de buques entre 2019 e 2018.
Distribución
  • %
    Expresa a representatividade do número de embarcacións dun segmento da frota sobre o total de buques presentes no informe.

  • Var %
    Representa a variación da representatividade dun segmento de frota en 2019 con respecto ao ano anterior.
Arqueo
  • GT
    Representa os GT consolidados das embarcacións do segmento da frota analizado.

  • % Var
    Representa a variación de arqueo GT consolidados en 2019 con respecto ao ano anterior.
Potencia
  • CV
    A consolidación de potencias das embarcacións.

  • % Var
    Variación de potencia CV consolidada entre 2019 e 2018.

Datos medios

As táboas presentan as características medias das embarcacións. Na figura 2 obsérvase a estrutura das columnas, os indicadores e as medidas empregadas.

Datos medios Buques Eslora Arqueo Potencia
Var Metros Var GT Var CV Var
Buques

  • Representa o número de buques pesqueiros inscritos nun determinado segmento da frota.

  • Var
    Indica a variación de buques entre 2019 e 2018.
Eslora
  • Metros
    Representa a eslora media dun determinado segmento da frota.

  • Var
    Representa a variación da eslora media en metros entre 2019 e 2018.
Arqueo
  • GT
    Arqueo medio en GT dun segmento da frota. Mídese en GT por embarcación.

  • Var
    Representa a variación de arqueo medio entre 2019 e 2018.
Potencia
  • CV
    Representa a potencia principal media por embarcación. Mídese en CV por embarcación.

  • Var
    Representa a variación da potencia principal media das embarcacións dun segmento de frota entre 2019 e 2018.

Datos mixtos

A figura 3, presenta as cabeceiras de táboas nas que se mesturan datos agregados e medios para os diferentes indicadores.

Datos mixtos Buques Eslora Arqueo GT Potencia CV
% % Var Media Total Medio Total Medio
Buques

  • Número de buques pesqueiros inscritos nun determinado segmento da frota.

  • %
    Representatividade do número de embarcacións dun segmento da frota sobre o total de buques presentes no informe.

  • % Var
    Porcentaxe de variación entre o número de embarcacións pesqueiras inscritas este ano con respecto ao número de buques do ano anterior.
Eslora
  • Media
    Representa a eslora media dun determinado segmento da frota, en metros por embarcación.
Arqueo GT
  • Total
    Representa os GT consolidados das embarcacións do segmento da frota analizado.

  • Medio
    Arqueo medio en GT dun segmento da frota definido. Mídese en GT por embarcación.
Potencia CV
  • Total
    A consolidación de potencias das embarcacións do segmentos da frota definido no informe representasen esta medida.

  • Medio
    Representa a variación da potencia principal media das embarcacións dun segmento de frota entre a data actual e o ano anterior.