Introdución
No Anuario de pesca fresca 2011, o obxectivo é facilitar unha información útil que sirva para que as persoas integrantes do sector pesqueiro e marisqueiro, así como investigadores e universitarios, teñan unha imaxe do que sucedeu no mercado de primeira venda dos produtos pesqueiros comercializados en fresco durante este ano. Así, esta edición de 2011 continúa a serie iniciada coa publicación do Anuario de pesca 2003, hai case unha década.
A través da Plataforma Tecnolóxica da Pesca www.pescadegalicia.com, faise o labor de recollida dos datos facilitados polas lonxas e publícase un avance destes, que poden ser consultados diariamente polos usuarios. Unha vez que esta información alcanza a súa consolidación definitiva, cómpre presentar os resultados oficiais. Nótese que a información incluída neste anuario pode completarse consultando a Plataforma Tecnolóxica da Pesca www.pescadegalicia.com.
A continuación indícase a estrutura de presentación dos resultados.
No primeiro capítulo ofrécense os datos de primeira venda consolidados por grupo biolóxico, desagregándoos desde o nivel xeral de grupo biolóxico ata o nivel de detalle de especie a medida que se profunda no capítulo. Ademais, neste capítulo combínase a visión por grupo biolóxico coa análise temporal da información e proporciónase unha comparativa no tempo, tanto anual coma mensual.
O capítulo 2 informa sobre a distribución xeográfica das vendas, con dúas visións principais:
En ambos os casos se presenta a información de cada zona xeográfica detallada por grupos biolóxicos e lonxas de vendas. Deste xeito, poden compararse as especificidades de cada zona en relación cos grupos de especies comercializados.
No capítulo terceiro establécese unha clasificación das especies comercializadas segundo dous indicadores principais:
Para cada unha das principais especies comercializadas segundo os criterios indicados preséntanse unha ficha individualizada con maior nivel de detalle da información das vendas da especie (vendas por zona administrativa, evolución anual das vendas, principais lonxas con vendas da especie).
No derradeiro capítulo céntrase o foco de atención na información das lonxas, establécese unha clasificación en función do volume comercializado e o valor das vendas de cada lonxa e preséntase unha ficha de cada lonxa coa principal información.
Finalmente, cómpre indicar que, coa publicación deste anuario, se difunden os resultados estatísticos da actividade 32-301 Estatística da primeira venda de produtos pesqueiros frescos.