Introdución
A Plataforma Tecnolóxica da Pesca (www.pescadegalicia.com) é un proxecto que xurdiu no ano 2003 coa finalidade, entre outras, de dispoñer dunha información estatística actualizada e fiable dos recursos pesqueiros entre os que se atopan incluídos os da pesca fresca obxecto desta publicación. Esta información estatística, sen dúbida, constitúe un importante elemento de apoio para a xestión da actividade, e posibilita ademais o cumprimento das esixencias regulamentarias, estatais e europeas, en canto á transmisión de datos das notas de primeira venda.
A través desta ferramenta de comunicación, a Plataforma Tecnolóxica da Pesca, permítese un constante fluxo de datos, tanto no ámbito de recepción, como o seu almacenamento e posterior disposición pública mediante a súa difusión. Así, as transmisións efectuadas polas lonxas recóllense no ámbito da plataforma, e diariamente realízase unha actualización dos datos recibidos que se publican de xeito provisional na páxina web para que poidan ser consultados por todos os/as usuarios/as interesados/as.
A fiabilidade destes datos é cada vez maior, non obstante resulta imprescindible a realización dun posterior traballo de revisión e validación destas transmisións que implica unha fluída comunicación cos establecementos onde se realiza a primeira venda para posibilitar a súa consolidación definitiva. O resultado é unha cifra que se aproxima a 4 millóns de notas de primeira venda de pesca fresca rexistradas e validadas por ano.
Unha vez que estes datos acadan a súa consolidación definitiva cómpre proceder á publicación anual de resultados que ofreza un resumo ilustrativo da situación da comercialización de pesca fresca en Galicia. No presente, este resumo concrétanse no anuario de pesca fresca 2012 que permite continuar co proceso de difusión anual iniciado co Anuario de Pesca de Galicia 2003 a través da Plataforma Tecnolóxica da Pesca www.pescadegalicia.com, e que no seu conxunto ten como principal pretensión a de facilitarlle unha información útil ao sector pesqueiro e marisqueiro, ao persoal investigador e universitario e en xeral ao público interesado.
Esta publicación, seguindo a liña das anteriores, estrutúrase en cinco partes:
CAPÍTULO 1. GRANDES GRUPOS.
Preséntanse os datos de primeira venda consolidados para os diferentes grupos biolóxicos: algas, moluscos bivalvos, moluscos cefalópodos, moluscos gasterópodos, crustáceos, equinodermos, peixes, poliquetos e resto das descargas. Ao usuario ofréceselle a posibilidade de desagregar os datos desde o ámbito xeral de grupo biolóxico ata o nivel de detalle de especie a medida que se profunda no capítulo. Ademais, neste capítulo combinase a visión por grupo biolóxico coa visión temporal da información, e proporcionase unha visión comparativa no tempo, tanto no ámbito anual como mensual.
CAPÍTULO 2. INFORMACIÓN XEOGRÁFICA.
Recolle a información sobre a distribución xeográfica das vendas con dúas visións xeográficas principais:
En ambos os dous casos, preséntase a información de cada zona xeográfica detallada por grupos biolóxicos e lonxas onde se producen as vendas. Deste xeito poden compararse as especificidades de cada zona con relación aos grupos de especies comercializadas.
CAPÍTULO 3. ESPECIES.
Preséntase a situación para as especies de maior representatibidade comercial. Para estas especies establecese unha clasificación segundo dous aspectos principais:
Para cada unha das principais especies comercializadas, segundo os criterios indicados, preséntanse unha ficha individualizada con maior nivel de detalle da información das vendas da especie (vendas por zona administrativa, evolución anual das vendas, principais lonxas con vendas da especie). Ademais, as denominacións comerciais das especies son acordes coa Resolución do 8 de febreiro de 2013, da Secretaría Xeral de Pesca, pola que se establece e se publica a lista de denominacións comerciais de especies pesqueiras e de acuicultura admitidas en España (BOE núm. 51 do 28 de febreiro de 2013).
CAPÍTULO 4. LONXAS.
Este capítulo céntrase nas lonxas como centros de venda ao obxecto de focalizar a importancia da súa actividade, así como as especies que se comercializan a través delas. Para isto, establécese unha clasificación en función do volume comercializado e o valor das vendas de cada lonxa, e preséntase unha ficha de cada lonxa coa principal información.
ANEXOS.
Nos que se presenta información adicional referente ás lonxas e puntos de venda existentes por zona de produción; por provincias; o nome vernáculo, científico e código FAO das especies e por, último unha, fe de erratas.
Finalmente, indicar que coa publicación deste anuario dáselle cumprimento á difusión dos resultados estatísticos das metas de información e actividades estatísticas que as satisfán establecidas no Decreto 20/2013, do 24 de xaneiro, polo que se aproba o Programa estatístico anual da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2013 (DOG núm. 28 de 8 de febreiro de 2013):