Mobilidade de terminais TICPESC "MOVTIC"

Presentación

A aplicación MOVTIC é unha ferramenta de acceso á administración electrónica que a Consellería do Mar pon ao servizo do sector pesqueiro e dos cultivos mariños mediante a cal poderán xestionar os documentos vinculados coa súa actividade.

Na actualidade os armadores de buques inscritos no Rexistro de Buques Pesqueiros de Galicia dispoñen da posibilidade de emitir:

  • Documento de alternancia de artes: para declarar a arte despachada polo buque para o exercicio da actividade pesqueira.
  • Declaración de zona de traballo para titulares de permisos de marisqueo a pe con embarcación auxiliar: para declarar a zona de traballo na que vai traballar o titular.
  • Documento de transporte: para documentar as descargas que se transporten a unha lonxa ou establecemento autorizado distinto ao porto ou lugar de desembarque para efectuar a primeira venda.
  • Declaración de pesca-turismo: documento para declarar este tipo de actividades no caso de que os buque estean autorizados para exercer esta actividade.

Por outra banda, os armadores dos buques de pesca non inscritos no Rexistro de Buques de Galicia teñen a posibilidade de xestionar o seguinte documento, previa verificación do Servizo de Análise e de Rexistros:

  • Documento de transporte: para documentar as descargas que se transporten a unha lonxa ou establecemento autorizado distinto ao porto ou lugar de desembarque para efectuar a primeira venda.

No caso dos pescadores do tramo internacional do Río Miño, habilitase a xestión dos documentos de transporte e recollida. Neste enlace (TIRM) amplíase a información sobre esta actividade.

Ademais, os titulares de permisos de marisqueo a pe de percebe se atopan habilitados para a xestión do seguinte documento:

  • Documento de transporte: para documentar as capturas que se transporten a unha lonxa ou establecemento autorizado distinto ao porto ou lugar de desembarque para efectuar a primeira venda.

Finalmente, os titulares de establecementos de acuicultura dispoñen actualmente da seguinte posibilidade na aplicación:

  • Declaración de captación de mexilla: a realizar despois da recolección e válida para declarar o orixe da semente inmersa na batea.

Nótese que se prevé que en pouco tempo tamén estean dispoñibles nesta aplicación os documentos de orixe, rexistro e devolución.

Nun futuro as novas funcionalidades que se poidan incorporar aos TICPESC ofreceranse tamén mediante esta aplicación. Neste enlace (manual de usuario MOVTIC) pódese consultar o manual de usuario da aplicación e un exemplo de uso dos documentos e declaracións.

Como acceder á aplicación MOVTIC?

A aplicación está dispoñible a través de Internet e nas distintas tendas de aplicacións. En particular pódese acceder á aplicación a través das seguintes canles:

Que datos preciso para acceder á aplicación?

Logo da Xunta de Galicia

O usuario unicamente precisa indicar as súas credenciais de acceso á aplicación. O sistema de rexistro de credencias é Chave365.

Que é Chave 365 e como podo conseguir as miñas credenciais?

Chave365 é un sistema de identificación dos cidadáns que permite a realización de trámites coa Xunta de Galicia a través da Sede electrónica e que ademais se usa para o control de acceso á aplicación MOVTIC.

No caso de non dispor de credenciais de Chave365, o cidadán ten que darse de alta por unha das seguintes vías:

  • De xeito electrónico a través da Sede electrónica da Xunta de Galicia, mediante o procedemento de alta en Chave365. Neste caso a alta é inmediata. Para solicitala necesitase ter instalado no navegador un certificado electrónico válido para ese mesmo NIF, ou ben o DNI electrónico.
  • De xeito presencial, dirixíndose a calquera dos órganos ou unidades administrativas da Xunta de Galicia que realicen as funciones de rexistro de usuarios Chave365 (por exemplo ambulatorios). Debe acudir persoalmente e acreditar a súa identidade mostrando o DNI o TIE. Os cidadáns comunitarios que non teñan a tarxeta de residencia presentarán o Certificado de rexistro de cidadáns da Unión e o seu pasaporte.

Para máis información sobre Chave365 e as súas funcionalidades e características acceda a Web: https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365.

Que funcionalidades están dispoñibles na aplicación?

Logo da Xunta de Galicia

Actualmente na aplicación pódense realizar xestión sobre os seguintes documentos telemáticos. Compre indicar que cada usuario, en función da súa actividade, ten un conxunto de opcións particularizado.

  • Documento de alternancia de artes.
  • Declaración de zona de traballo para mariscadores a pe con embarcación auxiliar.
  • Documento de transporte.
  • Declaración de pesca-turismo.
  • Declaración de captación de mexilla.

Para cada un destes documentos o usuario pode realizar as seguintes accións:

  • Expedición dun novo documento.
  • Consulta dun documento.
  • Anulación de documento, sempre que se cumpran as condicións necesarias.

Adicionalmente, o sistema permite realizar consultas sobre as seguintes informacións de interese:

  • Biblioteca de documentos, para acceder sen conexión aos documentos descargados.
  • Consulta de mareas.
  • Consulta de información meteorolóxica.

Con quen contactar?

Teléfono de Atención 24 horas sobre incidencias de funcionamento: 986 447 232

Para calquera outra cuestión relacionada co funcionamento da aplicación móbil:

  • Consellería do Mar
  • Servizo de Análise e de Rexistros.
  • Correo electrónico: sarex.mar@xunta.gal