Novas e comunicacións

Novos contidos na Plataforma Tecnolóxica da Pesca

10/08/2015

Zona de descargas.

A zona de descarga plantexada no ámbito da Plataforma Tecnolóxica da Pesca permite o emprego dos datos das publicacións estatísticas oficiais para a súa reutilización por parte das personas interesadas.

Actualmente esta zona permite a descarga de información relativa as principais publicacións anuais: pesca fresca, acuicultura e Rexistro de Buques de Galicia.

Os contidos publicados poden consultarse na seguinte ligazón.

Calendario de mareas 2016.

Ademais, tal e como sucede cada ano, actualizouse a información dispoñible do calendario de mareas para o ano 2016, a partir da información facilitada por MeteoGalicia.

As horas e alturas de marea nunha determinada zona de costa son unhas referencias moi utilizadas non só polas persoas interesadas para o desfrute lúdico da costa, senón tamén polos técnicos e profesionais do marisqueo para planificar as súas xornadas de traballo.

Os datos están referidos aos portos patróns de Xixón, Ferrol, A Coruña, Vilagarcía, Marín e Vigo.

O calendario pode consultarse nesta ligazón.