Novas e comunicacións

Intecmar: Aviso importante

22/05/2017

O día 21 de maio de 2017 tivo lugar en Vilagarcía un corte do subministro eléctrico a última hora da tarde que tivo incidencia tamén en Vilaxoán.

Dito fallo eléctrico provocou a caída da páxina web do Intecmar e dos servizos dependentes dela. Estase a traballar na disfunción que, lamentablemente, dito corte orixinou nos servidores de Intecmar para tentar solucionar o problema o antes posible.

Non obstante, sendo que hoxe, 22 de maio, é festividade local en Vilagarcía, informamos que non están previstas mostraxes nin analíticas e, consecuentemente, non se prevé actualización algunha da páxina web.

Lamentamos as molestias orixinadas.