Novas e comunicacións
Incidencia no servicio proporcionado dende PescadeGalicia.gal
01/06/2017Na madrugada do día 1 de xuño do 2017 e con motivo dunha actuación de mantemento orientada á mellora dos servizos proporcionados dende o portal www.pescadegalicia.gal identificáronse uns problemas técnicos na infraestrutura que da soporte á Plataforma Tecnolóxica da Pesca que motivaron que a Web estivese sen posibilidade de acceso durante un breve período de tempo.
Dado que o servizo está centralizado, estes problemas motivaron a falta de resposta dende as aplicacións Web, os terminais TICPESC e as aplicacións de consumo dos servizos proporcionados.
Ás 09:00 horas aproximadamente o servizo quedou restaurado sen incidentes posteriores.
Esperamos que os usuarios dos distintos servizos desculpen as molestias causadas e valoren os esforzos realizados por esta administración para dar o mellor servizo.