Novas e comunicacións

Publicación do Rexistro de Buques Pesqueiros 2017

16/02/2018

O Rexistro de Buques Pesqueiros da Comunidade Autónoma de Galicia constitúe un instrumento básico que permite o seguimento da dimensión da frota pesqueira con porto base na Comunidade Autónoma de Galicia. O obxectivo desta publicación é difundir a dimensión e as principais características da frota galega dedicada a labores de pesca extractiva e de marisqueo da lista terceira do Rexistro de Matrícula de Buques que ten como base un porto da nosa comunidade autónoma. Ademais, ofrece información sobre as embarcacións auxiliares de pesca e de acuicultura pertencentes á lista cuarta do rexistro mencionado. En todos os casos, os datos están referidos a 31 de decembro.

Con esta publicación dáse cumprimento á operación estatística 3201-01-OE05 Explotación do Rexistro de Buques Pesqueiros da Comunidade Autónoma que aparece recollida no Programa estatístico anual da Comunidade Autónoma de Galicia para o 2018 (Decreto 131/2017, de 21 de decembro, DOG nº 246 do 29 de decembro do 2017).

Os contidos completos desta publicación poden consultarse nesta ligazón.