Novas e comunicacións

Publicación da enquisa Ocupesca 2017 en formato pdf

27/05/2019

A enquisa sobre a poboación ocupada nos sectores da pesca e da acuicultura mariña en Galicia (Ocupesca) é unha operación estatística incluída no Programa estatístico anual da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018. Nace cos obxectivos de coñecer a ocupación nas unidades de pesca con porto base na Comunidade Autónoma de Galicia, coñecer a ocupación nas unidades de acuicultura radicadas na Comunidade Autónoma de Galicia e avaliar a produción e as características económicas das unidades de produción da pesca extractiva e da acuicultura.

En decembro do 2018 adiantouse a versión Web desta publicación, que se completa agora coa súa versión pdf. Con esto dase por rematado este traballo no que se da a coñecer os resultados referidos á poboación ocupada nos buques con porto base en Galicia e nos establecementos acuícolas galegos durante o ano 2017.