Novas e comunicacións
Publicación dos plans das reservas mariñas de interese pesqueiro para o 2020
20/12/2019Reservas mariñas de interese pesqueiro
Dende a creación das dúas reservas mariñas de interese pesqueiro existentes en Galicia polos decretos 87/2007, do 12 de abril, polo que se crea a dos Miñarzos, e 28/2009, do 29 de xaneiro, polo que se crea a de Ría de Cedeira, as actividades pesqueiras e marisqueiras permitidas nestas áreas desenvólvense no marco dos correspondentes plans de xestión integral.
Estes plans elabóranse a iniciativa dos representantes dos profesionais da pesca incluídos no ámbito destas zonas e as súas propostas son recollidas no seo dos seus respectivos órganos de xestión, seguimento e control, onde logo de someterse a debate e adoptarse os correspondentes acordos, envíanselle ao órgano competente da Consellería do Mar, Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, que os resolve.
Unha vez aprobados os plans de xestión integral das reservas mariñas de interese pesqueiro Os Miñarzos e Ría de Cedeira para o 2020, póñense á disposición para a súa consulta ambos os dous tipos de documentos, plans e resolucións, a través desta ligazón.