Novas e comunicacións
Publicación do Plan xeral de explotación marisqueira para o trienio 2021-2023
31/12/2020Marisqueo
O Plan Xeral de Explotación Marisqueira para o ano 2021, publicado no Diario Oficial de Galicia o 31 de decembro do 2020, establece unha serie de normas para realizar a actividade extractiva do marisqueo, como por exemplo, épocas e días máximos de extracción e zonas de traballo.
A través deste Plan Xeral de Explotación Marisqueira a Consellería do Mar aproba un total de 94 plans de explotación. Deles, 45 corresponden ás autorizacións administrativas marisqueiras, 49 son plans específicos para as zonas de libre marisqueo.
Neste enlace pódense consultar as fichas, que resumen os datos mínimos sobre os plans de explotación aprobados.
Recursos específicos
Por outra banda, de acordo coa disposición a disposición transitoria segunda do Decreto 153/2019, do 21 de novembro, todos os plans de xestión de recursos específicos aprobados para o 2019 ven prorrogada a súa vixencia nas mesmas condicións de aprobación ata o 31/12/2021, data trala cal terá inicio o primeiro período de plans trianuais para os recursos específicos (2022-2024).